Conferencia do nutricionista Antonio Escribano para promover hábitos de vida saudables

O nutricionista Antonio Escribano Zafra, impartiu esta tarde unha conferencia na Facultade de Veterinaria, organizada polo Goberno da Deputación, para promover hábitos de vida saudables e unha correcta alimentación entre os lucenses, á que asistiron máis de 500 persoas.

Ao acto asisitiu o Presidente da Deputación, Darío Campos, quen agradeceu a Escribano a súa visita e subliñou que “para nós é un orgullo telo hoxe na nosa provincia, concretamente na capital luguesa, con motivo desta xornada que organizamos para promover entre todos os nosos veciños e, de maneira especial, entre os grandes deportistas cos que contamos, hábitos saudables en relación á súa alimentación. Somos conscientes do grande esforzo que realizou para poder compartir os seus coñecementos e experiencias coas persoas que hoxe nos acompañan”.

O Presidente destacou que “o deporte forma parte do ADN da nosa provincia, xa sexa a nivel afeccionado ou profesional. Non en balde, contamos con destacados equipos nunha gran variedade de disciplinas. Así, o Club Deportivo Lugo, cuxos integrantes hoxe acompáñannos, o Club Baloncesto Breogán, ao que máis tarde apoiaremos no Pazo, o Burela Fútbol sala, ou o Emevé de Voleibol son só algúns exemplos do enorme potencial que atesouramos”.

Regalo dunha entrada para o CB Breogán-Leyma Coruña

A cada asistente á conferencia entregóuselle unha entrada para presenciar o derbi galego entre o CB Breogán e o Leyma Coruña. Esta iniciativa uniuse á promovida polo organismo provincial e o club celeste para dedicar este encontro a por en valor o traballo da Asociación Lucense de Esclerose Múltiple.

Esta entidade sen ánimo de lucro traballa a través de  talleres e cursos para mellorar a calidade de vida dos enfermos. Ademais contan con servizo de rehabilitación, traballo social e terapia ocupacional, así como servizo de información, orientación e asesoramento ás familias. En Galicia unhas 3.000 persoas sofren esclerose múltiple, das que máis de 400 son da provincia de Lugo, unha enfermidade que afecta máis as mulleres e empeza a manifestarse ao redor dos 25 anos. Dáse a circunstancia de que no noso país, a comunidade galega é a que conta coa maior incidencia desta enfermidade debido ás características do clima.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com