Conferencias e andainas para dar a benvida ao San Froilán

Dentro do programa de festas do San Froilán, que leva dedicando tres anos o día 11 de outubro ao Camiño Primitivo, e co obxecto de achegar a historia dos Camiños e da Peregrinaxe á cidadanía, organiza dúas conferencias e dúas andainas de pasos con historia, baixo o título Lugo, encrucillada mundial.

Será a vindeira fin de semana, cunha andaina polo Camiño Primitivo, dende Bascuas a Lugo o sábado, 29; e outro polo Camiño Francés, dende Coeo a Lugo, o domingo 30. Ambos os dous percorridos teñen unha distancia de 10 quilómetros. O punto de partida é a parada do bus urbano, da rúa Anxo López Pérez, ás 10:30 horas. Todas as persoas interesadas en participar neste ruta poden inscribirse de balde na Oficina Municipal de Turismo, ou no 982-25-16-58. O Concello recomenda levar roupa e calzado cómoda, así como auga.

Tamén o sábado, en xornada de tarde, dende as 19:00 horas, o Vello Cárcere acollerá dúas conferencias. Unha sobre Os itinerarios xacobeos pola cidade de Lugo: o Camiño Primitivo e o Camiño Francés, a cargo de Xavier Gómez Vila, doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga, e sobre A presenza do Camiño na Cidade de Lugo: infraestruturas e espazos relixiosos, a cargo de Adolfo de Abel Vilela, doutor en Xeografía e Historia. A entrada é totalmente de balde ata completar cabida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com