Confesados

Novo goberno en España e nova presidencia en Arxentina, son puntos de referencia para a actualidade destes tempos, destacando a disparidade en canto á tendencia política dos gobernos, e a concordancia do impacto social e comezo de tempos novos en ámbolos dous países, que se o de España nos afecta de xeito directo, o de Arxentina, quinta provincia galega, non pode sernos alleo.

Non concorda o tempo de escrutinio electoral nos dous procesos, xa que nas eleccións hispanas o resultado estivo no aire ata o final do reconto mentres nas arxentinas o entusiasmo dos vencedores non tivo que agardar moito, e o perdedor felicitou a Milei case no momento do peche dos colexios.

Enténdese que Arxentina, cansa de gobernos ineficaces para a solución dos graves problemas que a afectan, elixiu o que consideraría o mal menor, para que sexa un revulsivo que sacuda a economía e a vida do país tentando un cambio radical para mellor, confiando en quen ofrece privatizacións, dolarización e durísimos recortes, esgrimindo unha motoserra, créndose elixido por Deus para o salvamento da patria.

Milei na Arxentina vai ter moitas dificultades para cumprir o prometido na Campaña electoral, por depender das nacións veciñas, dos poderosos do norte e dos organismos supranacionais. En España, pola contra, as dificultades de Pedro Sánchez vanse centrar nos compromisos políticos, en comprometidas concesións, que nin tolo houbese ousado prometer na campaña electoral. Tendo en conta a fe cega de Milei, arxentino.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com