A Consellería de Infraestruturas e Vivenda investirá en Lugo máis de 43,8 millóns de euros no vindeiro exercicio

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda investirá en Lugo máis de 122,7 euros por habitante no ano 2017. O departamento que dirixe Ethel Vázquez reserva nos Orzamentos da Xunta para 2017 máis de 43,8 millóns de euros para a provincia luguesa.

Nas competencias desta Consellería na Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), o capítulo neste departamento será o que máis orzamento recibirá na provincia de Lugo, destinándose case 34 millóns de euros a actuacións que redundarán na mellora e mantemento da rede de estradas autonómicas nesta zona.

Así, a AXI traballará no acondicionamento da estrada LU-124; Lindín-Cruz da Cancela e Riotorto-Navia, onde se investirán case 900.000 euros, así mesmo, destina unha partida para a conversión en autovía o corredor de Nadela-Sarria. O Goberno galego fará un especial esforzo na VAP Costa Norte, concretamente á Variante de Viveiro, que se inclúe no orzamento de máis e 2,7 millóns.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda investirá 5,8 millóns en reforzos de firme e actuacións en travesías nesta provincia.

Así mesmo, nos presupostos derívanse partidas para a execución de sendas peonís e ciclistas, con máis de 1,5 millóns de euros; para o Plan Paradai; para a mellora no eixo Begonte-Friol-Palas; e para mellora da seguridade vial e integración paisaxística do Camiño de Santiago, todos estes son algúns dos obxectivos da AXI para o 2017 .

 Vivenda e solo

O Goberno galego destinará preto de máis de 9 millóns ao eido da vivenda e o solo nesta provincia, potenciando o programa Rexurbe, con máis de 1,7 millóns de euros, centrándose en Lugo e en Mondoñedo; tamén son parte dos orzamentos da Xunta os incentivos para facilitar o acceso ao solo empresarial, en zonas como Taboada, Quiroga e Monforte de Lemos, onde se destinarán máis de 1,3 millóns..

A rehabilitación será estratéxica para a Xunta no próximo ano, ao considerar que é un dos sectores que máis postos de traballo xera por euro investido, polo que o executivo aportará a este eido, case 4 millóns de euros.

Mobilidade

A Dirección Xeral de Mobilidade, no vindeiro exercicio, daralle un pulo as paradas e arranxos nas estación de autobuses e potenciarase o transporte metropolitano na provincia.

No que se refire ao eido do transporte, a Xunta tamén fará unha achega para a intermodal de Lugo, á que se lle outorga unha partida que non existía en anteriores orzamento; e o desenvolvemento e integración dun sistema de xestión de transporte á demanda na Comunidade autónoma de Galicia.

.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com