A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, realizou actuacións por valor 12,6 millóns de euros no período 2009-2016 orientadas á mellora das condicións de traballo e operatividade dos usuarios dos portos de titularidade autonómica da comarca da Mariña lucense.
Estas actuacións foron realizadas nos portos de “Burela, Foz, Cervo, Xove, O Vicedo, Viveiro e Ribadeo atendendo ás liñas estratéxicas de crecemento, sustentabilidade, eficiencia e das Tecnoloxías da Información e da Comunicación e a pesar das condicións orzamentarias que esixía o contexto económico do momento e de atender as obras que xurdiron con motivo dos temporais”.
Burela recibiu investimentos por valor de 1.867.000 de euros e de preto, en Foz investíronse máis de 500.000; Cervo, recibiu preto de 132.000 euros; en Xove o novo pantalán de embarcacións pesqueiras do porto de Morás supuxo un investimento de máis de 64.200 No municipio do Vicedo destinouse 1.052.200 de euros á remodelación das instalacións náutico pesqueiras; en canto a Viveiro, o investimento en grandes infraestruturas foi de 2,5 millóns de euros.
Finalmente, en Ribadeo realizáronse neste período investimentos en grandes infraestruturas portuarias por valor de 7,3 millóns de euros.
Estas accións, segundo a consellería, favoreceron a recuperación e estabilidade dos tráficos dos portos autonómicos, os tránsitos no eido da náutica deportiva e a facturación das vendas da pesca e do marisqueo.