Constitución da “Plataforma pro apertura Residencia comarcal de Becerreá”

O Concello de Becerreá asinou coa Deputación provincial de Lugo o 19 de decembro de 2016, o convenio interadministrativo para a demolición do antigo fogar escola e construción e xestión dun centro de día e residencial comarcal en Becerreá.

En virtude do mesmo o concello, cedeu a titularidade da parcela sobre a que se construíu o centro de día e residencial que pasou a ser titularidade da deputación provincial de Lugo, aportou todos os permisos e autorizacións das obras (incluídas as de datas 21 de marzo e 23 de abril de 2013 da secretaría xeral unha parcela á deputación de máis de 5.000 metros e valorada en máis de 300.000 euros e entregáronlles outros 300.000€ en cartos».

no mes de xullo de 2021, rematáronse os traballos de construción do edificio da residencia e centro de dia da 3ª idade de Becerreá

Dende o ano 1983, os veciños deste  concello levan loitando por unha residencia como esta, grande, de 150 prazas e con centro de día,

Os veciños, fixemos un esforzo importante para facela pois o concello cedeu unha parcela á deputación de máis de 5.000 metros e valorada en máis de 300.000 euros.

Non obstante isto o goberno bipartito da deputación e os concelleiros de Psoe e Bng, ignoran o seu remate fai dous anos e a obriga de entregalo o uso público. faltándonos ao respecto e humillando aos veciños de Becerreá e a montaña

Unha administración, que queira rendibilizar a inversión e evitar o deterioro do edificio, unha vez coñecida a data de remate coa antelación que se soubo aquí, debería iniciar as actuacións administrativas pertinentes para acortar a súa posta en marcha e dar resposta a demanda, non solo deste concello senón de toda a comarca.

Nada de elo se fixo, senón que con artimañas administrativas retrasáronse ou non se iniciaron os tramites que permitirían abrir a residencia en breve, así:

–  A instalación de subministración eléctrica, adxudicada o día 22 de abril do 2022, ,con case tres anos de retraso, obra da que nada se sabe.

– A estas alturas, non esta instalada a cociña, nin se sabe cal se vai a colocar….

– Non iniciaron os tramites para licitar e adxudicar o contrato para a instalación do equipamento do centro residencial, que se podería ter feito coa suficiente antelación, para o recibir a obra rematada iniciar o amoblamento.

Actuacións que, de seguir sen executarse, retrasan e impiden non solo tramitar todos os permisos e autorizacións necesarios ante a xunta de Galicia (p.i.a.), senón que causan un gran prexuízo os veciños desta comarca da montaña, para a posta en funcionamento do servizo.

Porque queremos unha residencia pública, é polo que constituímos esta plataforma pro apertura da residencia comarcal de Becerreá, aberta  a participación e colaboración de todos os veciños.

 

“Plataforma pro apertura Residencia comarcal de Becerreá”

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com