A Biblioteca Municipal acolle este mércores, 2 de agosto, a partir das 12:00 horas, un contacontos ilustrado, seguido dun taller de debuxo, que versa sobre a importancia do leite en Galicia dende un punto de vista social, económico e cultural. Esta actividade denominada xenericamente “Polo Correo do Vento”, trata de achegar aos máis cativos da casa o ciclo do leite e a importancia da súa calidade, así como a súa trazabilidade.
A actividade, de asistencia libre e gratuíta ata completar aforo, está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 10 anos de idade.
Trátase esta dunha alternativa lúdica máis para os cativos e cativas, coa que se fomenta ademais a importancia dun sector tan importante para o municipio de Lugo, a provincia e a comunidade, como é o sector lácteo.