Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, Afundación, a Obra Social de ABANCA, organizou unha sesión de contacontos dedicado á homenaxeada deste ano, María Victoria Moreno. A través de poemas musicados, teatro, contos e bailes, os nenos e nenas de entre 4 e 8 anos e as súas familias poderán coñecer quen foi María Victoria Moreno e as súas obras máis representativas dun xeito lúdico. O grupo «Os Piñeiriños» será o encargado de dar vida a estas historias mañá sábado 12 de maio, ás 12.00 h, na Sede Afundación de Lugo (praza Maior, 16). As entradas para participar están dispoñibles na web Ataquilla.com.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.