Os abaixo asinantes, visto o ocorrido no pleno da Deputación celebrado o mércores, onde se volveu a rexeitar unha moción que solicitaba datas e prazos concretos, onde se volveu a vender fume, onde se contan medias verdades, con manipulacións e mentiras…, nada novo, aínda que cambiou o relato, porque a realidade é teimosa: dous anos sen facer nada, nin a Deputación, nin opresidente, nin o deputado delegado, nin o Psoe, nin o Bng, que por certo é o que ten a postura máis clara, nunca apoiou a construción desata residencia comarcal na Montaña, nin lle pareceu ben a firma do convenio entre a Deputación e o Concello de Becerreá, polo menos son claros, aínda que no programa electoral para as municipais pasadas, levaban en lugar preferente no seu programa: “apertura inmediata da Residencia”, o triste é que acusan aos outros de enganar, e…..
Algo parecido lle ocorre o Grupo Provincial Socialista, que en cada intervención vai cambiando a V. O. (versión orixinal) e non se acordan que a maioría dos deputados deste grupo, asinaron e apoiaron o convenio, ao que agora dan largas, iso si culpable do retraso:
1.-Alcalde Becerreá, (non prever no proxecto o centro de transformación – por certo encargado, supervisado e revisado por tres Presidentes e funcionarios Deputación, (nunca se incluíron nos proxectos de residencias e outros feitos nesa entidade, non obstante despois de dous anos contratado aínda non esta en servizo.
2.- A pandemia, o Covid, que paralizou os proxectos, da Deputación, pero solo o de Becerreá.
3.-¿Que vai facer Xunta? como non a rematen, nada, porque non pode dar o PIA, mentres non este todo o que falta en activo, e se o demoran será o momento de botarlles en cara ese presunto retraso.
4.- SUPLUSA e o seu presidente, á sazón tamén alcalde de Becerreá, cando en ningún momento apareceu ou tomou acordo algún SUPLUSA pero se os tres últimos presidentes socialistas da Deputación Provincial de Lugo.
A guerra de Ucraína….., etc, a última : Que Europa non quere este tipo de Residencias…., en fin, medias verdades, con manipulacións e mentiras.
E triste ter que escoitar todo isto, cando o que debería de primar en responsables públicos e partidos políticos –BNG/PSOE,- que se din defensores do rural e dos servicios no mesmo, leven dous anos condenando a unha comarca, A Montaña, con unha poboación envellecida e dispersa (que leva desde 1983 demandando e esperando este servizo) a seguir solicitando prazas de residencia, por todo Galicia, por elo: Aínda que o final do pleno, parece ser nos remanentes deste ano 2023, teñen unha cantidade e citamos textualmente a nota prensa da Deputación: O presuposto saíu adiante, pois, seguindo o informe do servizo de Intervención, desestimáronse as dúas únicas reclamacións presentadas ao mesmo durante o período de exposición pública -unha polo Alcalde de Becerreá e outra pola Plataforma Pro Residencia da localidade-, dado que “xa existe crédito orzamentario para dotar de equipamento e seguir avanzando cara a apertura do centro coa incorporación de remanentes”. Así o explicou a deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, quen, aludindo ao informe de Intervención, lembrou que o convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello de Becerreá para a construción da residencia contempla a aplicación das baixas das licitacións ao propio centro, e que “os remanentes á data actual ascenden a 1.318.781,98€”. Así mesmo,“existe unha dotación de 300.000€ no Orzamento dispoñible de ser preciso”.
Informe de intervención, por certo, que certifica remanentes este ano, (para que o Grupo de goberno : BNG-PSOE- salga do lodeiro no que esta metido ) sen facer a liquidación do presuposto, en fin, cousas veredes. E por certo, as emendas nosas non era unha, eran oito propostas co fin de facilitarlles a decisión de que elixiran o crédito orzamentario para dotar de equipamento á residencia que facilitara mellor a elección do mesmo, figurando xa expresamente no presuposto e non remitíndonos aos remanentes, pero nada de iso se fixo, co cal mentres non figure expresamente nalgún documento oficial e se concreten os prazos ou publicación da licitación do mobiliario, cociña…. na plataforma de contratación da deputación ou no DOCE ( Diario Oficial da Comunidade Europea, ou no diario oficial que corresponda, seguiremos a facer actuacións en demanda da apertura, pois creemos sinceramente nos están tomando o pelo, toureándonos e dándonos largas.
E por certo, Sr. Tomé, estamos esperando que nos conteste ao ultimo escrito onde lle solicitamos ser recibidos por vostede, directamente, sen intermediarios, sen problema de que estea acompañado por quen considere oportuno, e concretar os compromisos sobre a posta en marcha do centro de día e residencial comarcal en Becerreá.
E tamén, dicirlle ante a súa afirmación que un partido nos trae e nos leva, “que non nos leva e trae ninguén, o que nos leva e nos trae é a preocupación polo retraso da apertura dun servizo largamente demandado e necesario para a comarca, e que leva dous anos paralizada e deteriorado pola súa xestión”
Plataforma “Pro apertura Residencia de Becerreá