Continúa a baixar o número de casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

7 casos activos menos por coronavirus nas últimas 24 horas sitúan á provincia con 486 positivos por Covid-19, segundo indica a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade

Tamén baixa o número de casos activos de coronavirus en Galicia, 51 menos nas últimas horas, e que fan un total de 4.068;  deles 787 son da área da Coruña, 486 da de Lugo, 1.123 da de Ourense, 630 da de Pontevedra, 390 da área de Vigo, 544 da de Santiago, e 108 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 34 están en UCI, 185 en unidades de hospitalización e 3.849 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.591 persoas curadas, rexistrándose 769 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 523.412.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com