Continúa a suma de casos covid na provincia de Lugo despois dun novo aumento dos positivos detectados. Con todo, a presión asistencial descende e as altas médicas mantéñense en cifras semellantes a días anteriores, eso sí, en niveis baixos.
Así o revela o último informe do SERGAS con datos recabados ata as 6 da tarde de onte e que cifra en 262 os casos activos. Nove máis que na xornada anterior. E precisamente, unha decena de casos diarios é a tendencia de suba na provincia dende o pasado xoves.
A este aumento, haille que contrarrestar tamén outra tendencia que se vén mantendo nas últimas xornadas. E é que as altas médicas seguen constantes, eso si en cifras que rondan a decena. Nas últimas horas tan só 8 persoas recibiron a alta médica. Unha cifra que non chega para contrarrestar os 20 positivos detectados na xornada de onte.
A única boa nova do día é a referente á presión asistencial que hoxe amosa un lixeiro descenso que se da despois dunha gran suba experimentada o domingo. Así, esta mañá amencían nos hospitais 9 persoas ingresadas por covid en planta e 2 na UCI do Hula. Por hospitais, o Lucus Augusti sumaba un paciente en planta logo de liberar unha cama da UCI, chegando ás 5 persoas en unidades de hospitalización. Pola súa banda, o Hospital da Costa daba unha alta e quedaba con 3 pacientes, mentras que o de Monforte quedaba cun só paciente logo da melloría de 3 persoas.
Dende o inicio da pandemia, a provincia suma máis de 12.410 altas médicas e 216 falecementos por mor do virus.
E estas cifras danse o día no que Galicia podería chegar a superar ás 700 mil persoas vacinadas contra a covid 19 con pauta completa, o que correspondería a máis do 29% da poboación a vacinar. Asemade, ata o momento máis de 1,1 millón de persoas maiores de 50 anos recibiron a lo menos unha dose dalgunha das vacinas en Galicia.