O covid19 volve a non dar tregua á nosa provincia. Esta mañá amenciamos co rexistro do Sergas que informaba de 75 novos casos confirmados por PCR o que supón un total de 1.049 infeccións activas nestes momentos. Aínda que a maioría están illadas nas súas vivendas, o número de hospitalizacións aumentou dende onte ata chegar ás 43 persoas ingresadas, das que cinco continúan na UCI.
Nas últimas horas foron 46 as persoas que recibiron a alta médica na provincia, co que son xa 3.500 as que se curaron dende o inicio da pandemia. Nesta xornada, non se rexitraron falecementos.
Peses as altas cifras que estamos a rexistrar nas últimas semanas, o certo é que Lugo é a sexta provincia española con menor incidencia acumulada de casos a catorce días. Un informe do Instituto de saúde Calos Terceiro a coloca nese posto tras rexistrar 208 casos confirmados por cada cen mil habitantes, nos últimos catorce días.
Con todo, non chega para que o Goberno Galego non impoña máis restriccións. Así, a Xunta decretou que dende este sábado ás 12 da noite calquera actividade non esencial permanecerá pechada ao público durante un mes enteiro nun total de 60 concellos galegos, dos que 4 son da provincia. Así a Capital xunto con Monforte de Lemos, Viveiro e Burela terán que pechar, entre outros negocios, a hostalería que só poderá ofrecer o servicio a domicilio.
Destas restriccións falou hoxe a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez que as tildou de “especialmente duras” e criticou que se pidan, dixo, “grandes sacrificios” a certos sectores económicos, “que non a todos”, e facendo incluso, argumentou, “agravios comparativos sen saber se é a solución que se debe tomar”.