Continúa o avance do virus na provincia, cuns datos pouco preocupantes polo xeral, e que amosan que, malia a suba de casos que está a ter lugar case diariamente, os contaxios están controlados en Lugo.
Así, no último informe do SERGAS con datos recabados ata as 6 da tarde de onte, revélase un aumento de 9 infeccións activas que hoxe chegan ata as 233, mentresa que se experimentou unha baixada leve no número de positivos detectando 11 persoas infectadas fronte ás 13 da xornada anterior.
Con todo, baixa a presión asistencial. En total os centros hospitalarios da provincia contan con 3 ingresados menos en planta. Así, o HULA suma 6 pacientes covid en unidades convencionais mentres que o Hospital de Monforte amencía hoxe cun só ingresado; pola súa banda, o Hospital da Costa deu as altas hospitalarias aos dous pacientes cos que contaba no día de onte.
Namentres, na UCI do Hula continúan a recuperarse 3 pacientes covid.
E na última xornada 6 pacientes recibiron a alta médica. En total, dende o comezo da crise sanitaria foron 12.060 as persoas que superaron a enfermidade.