Nas últimas 24 horas a cifra de casos activos por coronavirus en Lugo e provincia baixou en 4 casos, sitúandose a cifra nestes intres en 56.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 884, deles 221 son da área da Coruña, 56 da de Lugo, 127 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 264 da área de Vigo, 151 da de Santiago, e 28 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 11 permanecen en UCI, 66 están en unidades de hospitalización e 807 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.684 persoas curadas, rexistrándose 612 falecementos.
Os dous últimos falecementos rexistrados en Galicia por coronavirus correspóndense cun home de 79 anos que estaba ingresado no Chuac e unha muller de 88 que estaba ingresada no Chuo; ámbolous dous presentaban patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 133.153.