Continúa a busca do octoxenario desaparecido en Taboada

Taboada continúa na busca do octoxenario desaparecido na localidade o pasado luns día 13 de novembro. Tras sete días de busca intensa con diversos medios aínda non hai ningún avance. Protección Civil e Garda Civil conatinúan hoxe a realizar tarefas de localización mentras se prepara un dispositivo máis amplo para mañá.

O Concello de Taboada a través das redes sociais organiza unha nova busca e chama a toda a poboación a participar. Esta comitiva sairá do lugar onde se lle perdeu a pista ao ancián, o lugar da Torre, ás 9 da mañá e, outra vez arrancarán ás 3 da tarde. Alfredo Rodríguez Vázquez, desapareceu nese mesmo punto, que pertence á parroquia de San Mamede. Leva posta unha chaqueda de cor verde e un pantalón beixe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com