Continúa o avance do coronavirus na provincia con preto de 1800 casos activos

A área sanitaria de Lugo, Cervo e Monforte continúa a vivir as consecuencias das xuntanzas do Nadal. A provincia quédase no último balance a dúas persoas dos 1800 casos activos. Un novo record ao que chega Lugo logo dunha xornada na que se reduciu, levemente, o número de novos casos detectados. 

En total, foron 91 as persoas que resultaron positivas nas probas diagnósticas das últimas 24 horas. Unha pequena rebaixa se o comparamos coas 111 de onte pero máis significativa se botamos a vista cara a fin de semana onde se chegaron a rexistrar nun día 170 novos casos. 

O que si continúa en aumento, é a presión asistencial. Os centros hospitalarios da provincia contan xa con 57 persoas ingresadas en planta, seis máis que onte, e 15 nas unidades de críticos; 14 deles no HULA e 1 no Hospital da Costa. 

Por centros, os ingresados en plantas de hospitalización repártense da seguinte maneira. O Hula rexistraba ata as 18.00 horas de onte 29 pacientes covid, unha suba de 3 casos, o Hospital da Costa suma un ingreso e chega aos 19 pacientes covid; outros dous pacientes ingresaron no Hospital de Moforte que chegaba onte aos oito infectados por coronavirus. O Hospital Polusa continúa con un único caso.

No que vai de pandemia, ademáis, hai que lamentar 171 falecementos na provincia por mor do virus. As últimas vítimas contabilizadas polo Sergas, e que se fixeron públicas na tarde de onte, foron un home de 95 anos que finaba o domingo 24 no Hospital da Mariña; e outro home de 92 que morría onte no de Monforte. Con todo, son xa 7.500 as persoas que superaron a enfermidade na nosa provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com