Continua o ciclo “Enxergando o País” cunha sesión adicada ao filme “A Chave para 6.000 presos”

Cultura do País continúa coas proxeccións da segunda edición do Ciclo de documentais ‘Enxergando o País’ cunha sesión adicada ao filme ‘A Chave para 6.000 presos. A vida na Arousa antes e despois da ponte (31’) 2016, do profesor Carlos Abraira e os/as alumnos/as María Cacheda, Alicia Framiñán e Gonzalo García, do grupo de 4º B do CEIP Torre-Illa da Illa de Arousa; obra que foi galardoada co Premio ao Mellor Guión XXI OUFF Escola (Ourense).

Revisa a importancia que tivo a construción da ponte que une a Illa de Arousa co continente na vida dos seus habitantes polo 30 aniversario da súa inauguración. Cales foron os principais cambios no modo de vida? Como era a vida na Illa antes da ponte? Son algunhas das cuestións que se abordan no documental.

LUGAR: Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, nº 1-baixo 5)

DATA: venres 17 de febreiro

HORA: 20:30 hs.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com