282 esa é a cifra total de infeccións activas rexistradas na provincia no día de onte. Cifras que non se daban dende o pasado mes de agosto, cando comezaba o empeoramento de cara a entrar na segunda vaga da covid. Con todo, e malia ser bos datos que constatan unha baixada lenta pero constante do virus, o certo é que ata hai uns días este descenso tan significativo de todos os baremos non se vía reflexado na presión asistencial, sendo unha das principais preocupacións dos expertos.
Con todo, levamos dende finais da semana pasada rexistrando unha baixada lenta tamén nestes datos. Así, no informe emitido hoxe polo SERGAS con datos recompilados ata as 18.00 horas de onte, aparece un novo descenso de persoas ingresadas. Cinco menos que na xornada anterior pero 34 persoas menos que hai tan só 15 días.
Malia que non son boas as cifras de ocupación hospitalaria, son baixas e continúan en descenso diario. Así, na última xornada o SERGAS contabilizou 22 pacientes covid en plantas de hospitalización, e 6 na UCI do HULA.
No tocante aos novos contaxios, os profesionais sanitarios detectaron onte 13 positivos por PCR, 11 máis que na xornada anterior, pero cifras igualmente moi baixas e non preocupantes.
Por último, hai que lamentar un novo falecemento comunicado na tarde de onte polo SERGAS. Trátase dunha muller de 85 anos que finaba onte no HULA. Do outro lado, son xa 11.308 as persoas que superaron o virus na nosa provincia.