Continúan a baixar os casos activos por Covid-19 con 7 casos menos na área de Lugo

Nas últimas 24 horas rexistraronse na área sanitaria de Lugo 7 casos menos, o que  sitúa en 22 o número de casos activos por coronavirus na provincia, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na última actualización.

En toda Galicia houbo un descenso moi importante no número de casos activos de Covid-19, cun descenso de 108 casos, situando o total en  357; deles 105 son da área da Coruña, 22 da de Lugo, 28 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 148 da área de Vigo, 34 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 349 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.470 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 156.036.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com