Continúan as obras de rehabilitación do firme da N-540

Continúan as obras de rehabilitación do firme na estrada N-540 que entran nunha nunha nova fase a partir do mes de maio, coa renovación completa do tramo entre Chantada e Lugo.

A obra abrangue a rehabilitación integral do firme entre os quilómetros 0,000 e 68,900 da N-540 ao seu paso pola provincia de Lugo. Inclúe a renovación estrutural e superficial do firme, así como actuacións complementarias destinadas a manter os niveis de servizo da infraestrutura.

O proxecto contempla o fresado do firme existente, recrecido con capas sucesivas e aplicacións de adherencia. Nas zonas máis deterioradas executarase a demolición completa do paquete de firmes e a escavación dun metro de profundidade para repoñer as capas dende a base. Tamén se regularizarán as beiravías e mellorarase a sinalización horizontal e vertical.

Esta obra está incluída no programa de conservación e mantemento da Rede de Estradas do Estado, no que o Ministerio leva investidos máis de 120 millóns de euros na provincia de Lugo desde xuño de 2018.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com