Continúan as obras no barrio da Piringalla

O Alcalde en Funcións, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron no día de hoxe as obras da rúa Santo Grial, no barrio da Piringalla. Arroxo indicou que “neste martes remata o asfaltado da vía, e agora queda só o pintado da sinalización horizontal”. Esta actuación ten como obxectivo principal avanzar no calmado do tráfico nunha zona na que existen numerosas queixas por exceso de velocidade.

As obras constan de 3 bandas de calmado do tráfico e 2 pasos de peóns elevados “para incrementar a seguridade dos nenos e nenas que acoden ao colexio e evitar as carreiras nocturnas que producen queixas por parte da veciñanza”. Rubén Arroxo lembrou que esta actuación está relacionada coa xa rematada rotonda da rúa Mar Cantábrico.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com