Continúan as visitas a Aspnais polo 50 aniversario

Mañá, mércores, dous novos grupos de destacados lucenses visitarán as instalacións de Aspnais para coñecer o funcionamento dos diversos talleres, e a traxectoria desta entidade que ven de cumprir o seu primeiro medio século de existencia. Estas visitas enmárcanse nunha acción, na que participan máis de douscentos escritores, comunicadores, fotógrafos, activistas sociais, autoridades lucenses, deportistas e artistas plásticos, dos que vinte catro visitarán mañá os talleres desta entidade nas Arieiras e na Rampa de Claudio López para coñecer o traballo dos usuarios desta asociación, superando a súa discapacidade psíquica, e comprobar como estas persoas se incorporan á sociedade lucense fabricando mobles ou fregonas, decorando velas ou envasando produtos de industrias lucenses, tecendo alfombras ou coidando xardíns.

Estas visitas vanse efectuar pola mañá, a partir das 10:15 h. e pola tarde a partir das 15:45, nun recorrido de arredor de dúas horas e media de duración, acompañados por usuarios e responsables de Aspnais. Os visitantes farán con posterioridade, cadaquén no seu eido de expresión, un balance da visita, para facer con esas expresións – artigos, poemas, fotografías, obras de arte…- exposicións colectivas que acheguen a realidade de Aspnais a todos os lucenses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com