A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 930, deles 169 infeccións son da área sanitaria de Lugo. Malia unha pequena suba dos positivos en PCR, que nas últimas horas eleváronse ata as 9 persoas, o certo é que Lugo continúa amosando as mellores cifras dende hai 3 meses.
Nos hospitais da provincia, cada día quedan menos pacientes covid. Así, hoxe a provincia conta con 3 pacientes en plantas de hospitalización (2 en Monforte e 1 na Mariña), ademáis dunha persoa que continúa a recuperarse na UCI do Hula.
Na comunidade, do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 36 en unidades de hospitalización e 882 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 178.738 persoas curadas, rexistrándose 2.638 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.838.294.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.377.920.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
Post Views: 0