A área de Mobilidade e Infraestruturas continúa cos traballos na contorna da rolda da República Arxentina. A área afectada comprende o treito de República Arxentina que discorre entre Pintor Corredoira e a rúa Santiago, que presentaba bastantes deficiencias e unha anchura insuficiente para o correcto tránsito de peóns. Rubén Arroxo, concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, visitou os traballos de ampliación de beirarrúas e afirmou que “con esta intervención pretendemos mellorar as deficiencias desta beirarrúa, adaptándoa ás normativas actuais sobre accesibilidade”.
A área de Mobilidade e Infraestruturas inviste 62.974,45€ nesta actuación, que ten un prazo de execución de un mes. Os traballos inclúen a renovación do pavimento actual con baldosas de formigón, aumentando o ancho da beirarrúa. Ademais, renovarase a rede de sumidoiros da zona e desprazarase a instalación de alumeado público até a nova marxe.
Mai 30, 2021 - 12:39 AM
Eu non regalo adxetivos, pero esta xente do bng, digamos que é un pouquiño mais traballadora que a do Psoe (a lo menos eso aparenta)