A contorna do río Rato acolleu a segunda proba do 17º Circuíto “Corre con Nós”

Os arredores do río Rato desbordaron este domingo atletismo coa segunda proba do 17º Circuíto “Corre con Nós”, que este ano como novidade inclúe novas categorías para as clasificacións, como as de colexios, familias e equipos.

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, deu o “pistoletazo” de saída ás diferentes categorías desta carreira, que tivo un percorrido de entre os 400 metros e os 2,2 quilómetros para as categorías infantís e de preto de 6 quilómetros para a de adultos.

Ao remate das carreiras dos máis cativos, Miguel Fernández entregoulle aos nenos e nenas gañadoras os seus respectivos trofeos e medallas.

A vindeira proba deste circuíto, que engloba 6 carreiras ata xuño, terá lugar o domingo 19 de marzo na zona do  Centro Comercial do Ceao.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com