As residencias da terceira idade postas en marcha pola Deputación parece que comezan a arrancar. Despois de anos de espera, a Xunta de Goberno provincial, vén de aprobar esta mesma mañá a contratación das prestacións de cociña, limpeza e asistencia básica para unha delas: a residencia e centro de día da Fonsagrada.
O orzamento provincial destinado a estes servizos é de 1,8 millóns de euros para 4 anos. A adxudicataria resultou ser As Rodas, entidade da Fonsagrada, liderada por 2 mulleres da zona, que actualmente se encarga do funcionamento das vivendas comunitarias que hai no municipio fonsagradino.
Garante experiencia, así como coñecemento do territorio da Montaña e da súa poboación. Ofrece melloras como as seguintes: 78 horas mensuais de actividades para os maiores; atención especializada en áreas como nutrición, respiración, hidratación, hixiene persoal, mobilidade, traslados…; sesións gratuítas de podoloxía, peluquería ou barbería; menús adaptados a cada maior por nutricionistas; pratos elaborados con produtos da tempada, con certificación de orixe e mercados en establecementos da zona; pratos especiais en aniversarios, celebracións, visitas de familiares que poderán comer cos seus maiores…; servizo de limpeza continúa, con produtos respectuosos co medio ambiente, reciclaxe…; ou a prestación dun servizo de lavandería tamén continuo e que inclúe traballos de xastrería gratuítas…
O centro de maiores da Fonsagrada ofrece 54 prazas: 28 de residencia e 20 de centro de día. Está á espera da concesión do Permiso de Inicio de Actividade (PIA) por parte da Xunta de Galicia. Este solicitouse en setembro de 2015. Hai 3 semanas, a Deputación volveu a remitir á Xunta de Galicia máis documentación para a súa concesión.
Abr 05, 2019 - 08:29 PM
Anos de espera os que levamos os traballadores seleccionados das residencias, e por riba agora contratan a outros para traballar???? E logo que pasa cos que aprobamos a oposición fai catro anos???? Non o sabemos porque ni tan siquiera nos responden desde a Deputación. É una vergüenza!!
Abr 05, 2019 - 08:32 PM
Eva Casariego García Pasa o mismo que pasou cando fai 4 anos lle decían a tal e cual persona que tiña ceeto número para entrar, é dicir, que se rin de vos.
Abr 06, 2019 - 11:08 AM
Eva Casariego García MOITÍSIMA FORZA para continuar a loita…..AUTÉNTICA VERGOÑA…..☹️