Contratados 10 traballadores para as dúas brigadas contra incendios forestais coas que contará Lugo ata outubro

O Concello de Lugo vén de contratar a 10 traballadores e traballadoras para as dúas brigadas de prevención e loita contra incendios forestais coas que contará o municipio durante os vindeiros tres meses, ata mediados de outubro. Así o avanzou o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, quen lembrou que este servizo préstase ao abeiro do convenio de colaboración entre a administración local e autonómica asinado o pasado ano e cunha duración de tres anos, ata o 2018, para a defensa contra o lume.

Cada brigada conta con cinco traballadores: un capataz e catro peóns, que se distribuirán en catro quendas (unha pola mañá, dúas pola tarde e unha pola noite). Comezarán mañá cun plan de traballo que inclúe, ademais das labores de extinción de lumes, desbroce de maleza por toda a zona rural para prevención.

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal explicou que o proceso de contratación para dispoñer deste servizo, para o que o Concello achega 40.000 euros, dilatouse porque moitos dos candidatos seleccionados -seis de dez- renunciaron á praza, polo que houbo que ir cubrindo vacantes ata conformar o total da plantilla.

Por outra banda, o Concelleiro de Persoal informou de que a Xunta comunicou aínda hoxe ao Concello a concesión dunha subvención de 15.000 euros para a contratación de cinco socorristas durante dous meses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com