Hoxe ás seis da mañá quedaba controlado o incendio rexistrado no monte Faro en Chantada, parroquia de Requeixo, que se iniciaba onte ás 15:04 horas da tarde.
Segundo informa a consellería de Medio Rural, a superficie afectada rolda as 100 hectáreas. Na súa extinción traballan un técnico, 4 axentes, 29 brigadas, 11 motobombas, 3 pas, 13 helicópteros e 3 avións.
O monte Faro é unha zona de gran valor medioambiental e cualificada como Rede Natura. O avance das lapas no inicio do lume chegaron a ameazar o santuario da Nosa Señora do Faro, que finalmente non se viu afectado.