Controlado un lume nunha palleira en Xermade

Os Bombeiros de Vilalba traballan arreo na extinción dun lume iniciado nunha palleira no lugar de Reboxento, en Piñeiro, na localidade de Xermade.

A esta hora o lume está controlado pero segundo o relato dos profesionais de Vilalba,  as tarefas de extinción prolongaranse debido á cantidade de herba seca, ferramentas e outro material que se almacenaba no seu interior.

Pasados dez minutos das 09:30 horas desta mañá, o CIAE recibía a alerta dun particular que informaba dun lume nunha palleira, a carón dunha cuadra e moi preto dunha vivenda. Aseguraba que non había ninguén afectado.

A partir de aí, dende o 112 alertouse de inmediato aos membros de extinción do parque comarcal de Vilalba, Garda Civil, efectivos do GES de Guitiriz e de Protección Civil da localidade. Tamén, os Bombeiros do Eume desprazáronse ata o punto para prestar apoio aos compañeiros de Vilalba.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com