O mal estado dos tubos da cisterna dun tráiler parece ser a causa máis probable da vertedura de hipoclorito procedente dos rebosaderos do camión. A esta hora, os Bombeiros de Vilalba teñen a fuga controlada, taponaron e colocaron bridas nos rebosaderos do alto do camión sen apreciarse calquera outra fuga no tanque. Indicaron, ademais, que parte da vertedura foi recollida nos sumidoiros da estación de servizo onde estaba estacionado o camión, que dispoñen de depuradora propia.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 (CIAE) tivo constancia do suceso sobre as 16:00 horas desta tarde. O alertante informaba dunha vertedura corrosiva procedente dun tráiler que estaba estacionado. A partir dese momento, os profesionais do CIAE informaron enseguida a Garda Civil e aos Bombeiros de Vilalba. Tamén pasaron aviso ao persoal do servizo de mantemento da estrada e aos efectivos do GES de Guitiriz que enseguida, achegáronse ao momento.
Nestes momentos persoal da empresa e o condutor do camión desprázanse cara ao lugar cun mecánico, para a retirada do vehículo.