O Breogán consegue a súa quinta vitoria consecutiva e avanza con paso firme cara o play off de ascenso. Os de Quique Fraga varreron ao filial blaugrana nun encontro no que exhibiron unha alta intensidade tanto en defensa como en ataque.
Jeff Xavier con 23 puntos e 7 rebotes foi o xogador máis valorado do equipo, seguido por Matulionis (20 puntos, 6 rebotes), Álex López (14 puntos, 7 rebotes).
O equipo celeste xogará o último encontro de liga regular o vindeiro venres día 15, ás 21:00 horas, ante Planasa Navarra. Os celestes apurarán ao máximo as opcións de abordar o play off con vantaxe de cancha.