O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente da Sociedad Estatal de Correos y Telégrafos, Juan Manuel Serrano Quintana, asinaron este venres na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos un convenio de colaboración entre a institución provincial e esta entidade, grazas ao que a veciñanza de 64 concellos da provincia –os que están adheridos ao Servizo de Xestión Tributaria da institución provincial- poidan pagar os seus tributos a través dun xiro postal desde calquera das preto de 24.000 oficinas que Correos ten por toda España.
A institución provincial lucense é a primeira Deputación de Galicia en asinar este convenio de colaboración con Correos.
José Tomé destacou que o convenio con Correos “fai máis cómodas as xestións administrativas para os veciños e veciñas da provincia de Lugo, e polo tanto facilita o seu día a día”. Tomé lembrou que “o Servizo de Xestión Tributaria e de Recadación da Deputación ocúpase da xestión, recadación e inspección dos tributos e outros ingresos públicos en base á delegación de competencias que teñen feitas os concellos á institución provincial. A día de hoxe, están adheridas 64 entidades locais”.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.