Convenio entre o Concello e a Deputación para desdobrar a avenida Duquesa de Lugo

O Concello e a Deputación de Lugo apostan por humanizar e desdobrar a avenida Duquesa de Lugo. Fano a través dun convenio de colaboración,  tal e como anunciara o pasado xoves a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, no transcurso do debate sobre o estado do municipio.

Con este convenio, aprobado onte en  Xunta de Goberno do organismo provincial, levaranse a cabo obras que suporán unha mellora nesta estrada, dotándoa de máis seguridade. Froito desta colaboración, a Deputación aportará un millón de euros en tres anualidades, 500.000 este ano, 350.000 no 2017 e 150.000 no 2018.

Para a rexedora, este convenio servirá “para financiar unha obra imprescindible que vai beneficiar ao conxunto da provincia”, ao tratarse dunha das arterias principais de Lugo, un punto de entrada da cidade e unha vía que une aos dos polígonos industriais do municipio, o do Ceao e o das Gándaras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com