Convocado o Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán

A entidade promotora do Belén Electrónico de Begonte, dentro do programa O Nadal en Begonte,  ven de convocar o XXVII Certame Galego de arte José Domínguez Guizán, dotado con 1.500 euros e estatuíña de Sargadelos, para premiar a obra pictórica resulte seleccionada polo Xurado cualificador, que estará formado por especialistas na materia xunto con representantes do centro convocante.

 Poden optar a este premio obras de pintores galegos (nados en Galicia ou residentes habituais), de tema libre, con tamaño máximo de 1,5 X 1 m., con o usen marco. Cada autor poderá presentar un máximo de dúas obras, acompañadas dos datos identificativos de obra e autor.

As obras han ser remitidas ao Centro cultural de Begonte antes das 12 horas do próximo 25 de decembro. A obra premiada quedará en poder da entidade convocante. Do 3 de decembro ao 12 de xaneiro as obras presentadas serán expostas na sala da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, e do 13 ao 27 de xaneiro na Casa da Cultura de Begonte. Os premios serán entregados o 28 de xaneiro, no decurso do acto de clausura de O Nadal en Begonte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com