A organización do Belén de Begonte vén de facer públicas as bases para poder presentarse aos certames de arte, poesía, xornalismo e debuxo infantil que acompañan cada ano ao programa que levan a cabo en torno ao Nadal begontino.
Para o certame de Arte ‘José Domínguez Guizán’, a organización conta cun premio de 1.500 euros así como unha estatuíña de Sargadelos. Así, o galardón adxudicarase á obra pictórica que resulte seleccionada polo Xurado calificador, que estará formado por especialistas na materia, xunto con representantes do Centro convocante.
Poderán optar a este premio obras de pintores galegos (nados en Galicia ou residentes habituais), con tamaño máximo de 1,5 m por 1 m, con ou sen marco. Cada autor poderá presentar un máximo de dúas obras, acompañadas dos datos identificativos de obra e autor. As obras, debidamente protexidas para evitar calquera deterioro, serán remitidas –libres de gastos– ao Centro Cultural de Begonte. As non premiadas serán devoltas libres de gastos ao enderezo que indiquen.
O prazo de presentación rematará ás 12,00 h. do día 25 de decembro de 2021. O Xurado seleccionará de entre as obras presentadas a gañadora do Certame, que quedará en propiedade da entidade convocante.
As obras presentadas, ou unha selección destas, serán expostas durante a segunda quincena de xaneiro de 2022 na sala da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.
No Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal poderán participar todos os poetas que o desexen, con textos en galego ou en castelán. O tema dos traballos ha ser o de O NADAL, desde calquera punto de vista. Valoraranse os textos que fagan referencia a Begonte e o seu Belén. É libre a construción dos poemas e a medida dos versos.
Este certame contará con dous premios. O primeiro ‘Premio Begonte de Poesía’ estará dotado con 600 euros e o segundo con 300. Ademáis, ambos os dous premiados recibirán candansúa estatuíña de Sargadelos.
A remisión de orixinais farase ao correo electrónico info@belendebegonte.es, en dous arquivos: Un, co traballo poético a concurso, e outro, identificado como “Plica”, co título do traballo, no que figurarán os datos personais do/a autor/a, que só será aberto no caso de resultar premiado o traballo con algún dos premios instituídos ou coas mencións que, no seu caso, acorde conceder o Xurado. Quen desexe entregar persoalmente o seu traballo, ou remi-
tilo por correo certificado, pode facelo ao Centro Cultural convocante, antes das 12,00 h. do 6 de xaneiro de 2022.
No tocante ao Certame Xornalístico ‘Begonte e o Nadal’, serán aceptadas as escritas de calquer persoa que publique en xornais, revista ou internet (galego ou castelán) algún traballo no que faga referencia ao Nadal en Begonte ou, en xeral, ao nadal en Galicia.
Este certame tamén contará con dous premios. O primeiro, dotado de 600 euros e, o segundo, de 300. Ambos galardoados recibirán estatuíña de Sargadelos. A remisión de orixinais que se presenten ao Certame, hase de facer ao correo electrónico info@belendebegonte.es, antes das 12,00 horas do día 6 de xaneiro de 2022, indicando os datos do/a autor/a. A cada envío seralle acusado recibo polo mesmo medio. Quen desexe entregar persoalmente o seu traballo, ou remitilo por correo certificado, pode facelo ao Centro Cultural convocante, no prazo que se indica.
Por último, no certame de debuxo infantil poderán participar todos os nenos, a través dos seus colexios. Con todo, estableceránse dúas categorías: a primeira, ata os 10 anos de idade e a segunda de11a15anos.
Neste senso, haberá tres primeiros premios dotados con 60 euros, e 5 segundos premios, con 30 euros, en cada categoría. Os temas serán libres dentro do tema xenérico “O NADAL”. O tamaño dos orixinais será como mínimo de medio folio e máximo de un folio. Cada Colexio poderá remitir ata 25 traballos para cada categoría.
A presentación dos traballos poderase facer dixitalmente, escaneando o colexio os traballos dos seus alumnos e, debidamente identificados co nome e idade do/a autor/a, remitidos ao correo electrónico info@belendebegonte.es, antes das 12,00 h. do día 6 de xaneiro de 2022. Quen desexe presentar directamente os traballos a concurso no Centro Cultural convocante, ou remitilos por correo certificado, poderá facelo dentro do prazo que se indica.