Convocatoria de xogadores para o encontro CD Lugo-Mirandés

O adestrador do Club Deportivo Lugo Luis Milla compareceu ante os medios de comunicación na súa roda semanal, previa ao choque co CD Mirandés mañá, deixando claro como premisa básica que o desta semana é un choque altamente complicado.

Para o preparador turolense, o rédito en puntos obtido polos de Terrazas non se corresponde coa capacidade dun equipo que, asegura, manexa con claridade os seus conceptos de xogo, e que é capaz de poñer en apuros calquera rival. Milla acode ao choque seguro das posibilidades dun CD Lugo que debe seguir crecendo pola irrenunciable liña de estilo enmarcada dende o inicio da competición.

A convocatoria de xogadores para o partido de mañá fronte ao CD Mirandés é a seguinte:

-PORTEIROS: José Juan e Javi Pita.

-DEFENSAS: Cendrós, I.Puerto, C.Hernández, Dealbert e Manu.

-MEDIOS: Seoane, Pita, D.López, Sergio Marcos, Campillo, Iriome e Muiñeiro.

-DIANTEIROS: David Ferreiro, Igor M., Joselu e Caballero.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com