Correos aproba unha convocatoria de 2450 prazas, a maioría para reparto

CCOO, sindicato maioritario en Correos, sinalou que as prazas son froito do Acordo alcanzado por CCOO coa SEPI e Correos, concretado na Disposición Adicional 15 da Lei de Orzamentos Xerais de 2016, que regulou a taxa de reposición do operador público.

En concreto, a empresa anunciou a convocatoria de entre 2.430-2.450 prazas para 2017 das que 2.345 destinaranse a cubrir postos de axente, reparto pé e reparto moto.

A central sindical, que considera positiva esta nova convocatoria de emprego fixo en Correos, cre que sumada aos máis de 1.600 postos do ano anterior (catro deles en Lugo), debe formar parte dunha oferta plurianual ata 2020 que o sindicato calcula en 10.000 prazas. Así mesmo, sinalou a necesidade de que este emprego sexa a tempo completo para evitar a precarización a través dos contratos a tempo parcial.

O sindicato apelou á responsabilidade do novo Goberno e Dirección da SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais) para que este cambio de tendencia no emprego, acompáñese cun Plan Estratéxico que contemple financiamento, investimento, modernización e internacionalización que dea viabilidade á maior empresa pública do país.
30 de decembro de 2016
Unha convocatoria de emprego fixo que será de carácter provincial e cuxos tempos se determinaran en posteriores mesas de negociación.
CCOO felicítase de que a SEPI e Correos cumpran o Acordo alcanzado na Disposición Adicional 15 da Lei de Orzamentos Xerais de 2016, que regulaba a taxa de reposición de ata o 100% para o operador público.

O sindicato fixo un chamamento para que estas prazas non se aproveiten para abrir a porta á precarización do emprego a través de contratos a tempo parcial, en consecuencia, esixiu que na súa maioría, sexan a tempo completo. CCOO cre que con ela se consegue consolidar emprego estable para mellorar o servizo de Correos aos cidadáns.

Esta medida de mellora do emprego debe ir acompañada en todo caso, dun Plan Estratéxico para esta lexislatura con suficiente respaldo político, coa cobertura financeira do Servizo Público Postal aos cidadáns, un plan de investimento plurianual que permita a expansión da compañía tanto nacional como internacional que aposte polo segmento rendible da paquetería e que entre de cheo nos servizos financeiros e no comercio electrónico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com