Correos xa ten dispoñible na súa oficina postal da Fonsagrada o novo selo dedicado ao Camiño Primitivo. O cuño empregarase para matasellar os envíos que saian desta oficina a calquera punto de España ou do mundo.
O novo selo da oficina de Correos da Fonsagrada, situada na avenida de Galicia, número 66, está protagonizado pola imaxe da Fonte Sacra, que dá nome á localidade e que está situada tras a ábsida da igrexa de Santa María.
O cuño ten formato circular e as cunchas de vieira que representan o Roteiro Xacobeo enmarcan o oco para a data dos envíos. Durante a celebración do Xacobeo 2021-2022, Correos está a desenvolver unha serie de iniciativas ligadas ao Ano Santo entre as que se inclúen a edición de produtos filatélicos específicos e a mellora do seu servizos para peregrinos recolleitos na web www.elcaminoconcorreos.com.