Correos conta na súa Oficina Principal de Lugo cun selo específico para a Credencial dixital do peregrino. Este novo selo pode conseguirse a través da lectura dun código QR. Correos súmase así á aposta pola dixitalización e a seguridade no Camiño de Santiago, ofrecendo ao peregrino a posibilidade de selar a súa Credencial dixital.
Esta opción púxose en marcha este mes de xuño con motivo do Xacobeo 21- 22, cando a Catedral de Santiago lanzou unha aplicación móbil para que o peregrino poida recompilar os selos necesarios para conseguir a Compostela de forma dixital.
Os selos dixitais obtéñense a través dos códigos QR dispoñibles en diferentes puntos do Camiño de Santiago. Ademais da de Oficina Principal de Lugo, un total de 25 oficinas de Correos repartidas nos diferentes Roteiros Xacobeos dispoñerán do seu selo dixital para que os peregrinos poidan selar a súa Credencial.
Os peregrinos que, pola súa banda, queiran selar a súa Credencial tamén poderán conseguir o selo tradicional nas oficinas de Correos do Camiño de Santiago.