Correos podería perder 290 traballadores na provincia, segundo CC.OO.

CC.OO de Correos ven de emitir un comunicado, onde rechaza o informe AIReF (Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal), no que, de seguir as súas recomendacións , implicaría , segundo este sindicato,“ o peche de dous tercios das oficinas de Correos (1.600 das sus actuales 2.400 oficinas), e o despido de 30.000 traballadores e traballadoras. Todo elo coa directa repercusión nun servizo público do que dependen millóns de cidadáns/ás, miles de empresas e á práctica totalidade das Administracións.

Ademais, as consecuencias destas medidas, serían funestas para o medio rural, “necesitada dunha rede e infraestructuras imprescindible para acceder ao resto das Administraciones e servizos públicos e para contar con infraestructuras que permitan o desenrolo económico e empresarial de miles de empresas que contan cos servizos de Correos como elemento básico da súa actividade. Estrapolados estes datos, implicaría para a “provincia de Lugo, o despido duns 290 traballadores e o peche dunhas 38 oficinas. Localidades como : Meira, Xove, Navia de Suarna, A Barrela, Cospeito, Portomarin,.etc, e todas as de menor poboación, verían suspendida a súa atención a cidadanía e empresas, que se verían obrigadas a desprazarse decenas de quilómetros para acceder aos servizos de Correos, como recoller un paquete ou unha citación médica, pagar facturas, enviar documentos ou tramitar un burofax.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com