A estrada provincial LU-P-1009, que conecta os núcleos do Piñeiro e Lamacarreira por Buciños, en Carballedo, quedou cortada onte á noite a causa dun corremento de terrasprovocado polas fortes choivas da pasada fin de semana. Aínda que o firme non se viu afectado, as precipitacións provocaron a formación dunha cavidade debaixo da vía, á altura dopunto quilométrico 1,500, que podería afectar á seguridade na circulación de vehículos.
Foto: unha estrada cortada o pasado ano.