Os servizos de Xestión Territorial da Deputación de Lugo, que dependen directamente do Presidente, José Tomé, traballan en reparar os danos provocados polo escorregón dun talude na estrada LU-P-1901, a vía que conecta os concellos da Fonsagrada e de Navia de Suarna. Esta estrada que permanece cortada ata que rematen estes labores.
Os operarios estiman que a circulación non se restablecerá ata a segunda semana de xaneiro, debido a que agora mesmo o terreo ten demasiada humidade provocada polas continuas e intensas choivas, unha situación desfavorable para a correcta realización destes traballos con garantías e seguridade. Logo, será preciso construír un muro de sostemento para evitar novos desprendementos e despois repararar a vía.
A Deputación ten debidamente sinalizados desvíos alternativos nos puntos quilométricos 24 e 29, que pertencen ao municipio de Navia de Suarna, para garantir que os usuarios e usuarias desta estrada se vexan o menos afectados posible.
Dec 20, 2019 - 03:04 PM
E como ten que ser! Non?