Corte ao tráfico da LU-P-1801, en Carballedo

Dende o luns 28 ata o mércores 30 de abril, permanecerá cortada ao tráfico a estrada LU-P-1801, no concello de Carballedo, debido ás obras de reconstrución dun muro de sostemento no punto quilométrico 25,5.
O corte afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 18,00 e 29,396 desta vía, que conecta Chantada cos Peares, pasando por Nogueira. 
Durante os traballos, habilitaranse desvíos alternativos sinalizados para garantir a circulación e permitirase o acceso a residentes nas zonas afectadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com