Logo das intensas chuvias que caeron estes días, dende a área de Medio Ambiente informan de que se procede a cortar o paso no tramo do Paseo do Miño entre o Balneario de Lugo e o Restaurante o Muíño pola crecida do río ao seu paso pola cidade.
Queda prohibido o paso peonil mentres non se poida transitar con seguridade por esa zona.