O Concello de Lugo informa de que debido a unha avaría este xoves, 1 de febreiro, permanecerá cortado durante a rúa Nicomedes Pastor Díaz e Rúa Lopo Lías.
Para poder realizar as tarefas de reparación será necesario realizar cortes puntuais de tráfico por parte da Policía Local e que afectarán á intersección entre a rúa Miguel de Cervantes e a rúa Nicomedes Pastor Díaz, que é a zona na que se localizou a avaría.
Mentes se manteña a auga cortada, a veciñanza dispón dun punto de recollida de auga diante do número 14 de Nicomedes Pastor Díaz.
A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada e o Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga.