Corte de circulación entre a rúa Armañá e a Praza de Santo Domingo a partir de mañá

Debido as obras de canalizacións entre a rúa Armañá e a Praza de Santo Domingo, traballos enmarcados na obra “Corazón Verde entre Murallas”, será preciso cortar o acceso e saída da rúa Armañá á devandita praza – á altura da entrada de Massimo Dutti– a partir de mañá, martes 16 de abril, pola mañá.

Para iso, mentres duren os labores, os vehículos que accedan e saian desde a contorna da Praza Armañá, deberán facelo pola rúa Luis Peña Novo, por diante da Praza de Abastos e xunto á saída do parque de Santo Domingo, para o que se habilitará dobre sentido de circulación.

A empresa encargada das obras instalará sinalización na zona, garantindo as condicións de seguridade pra traballadores e ususarios xa que o tránsito peonil si estará permitido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com