Corte de tráfico na rúa Noriega Varela

Maña sábado 25 e o domingo 26 de agosto vaise cortar o tráfico rodado da rúa Noriega Varela, no tramo comprendido entre a rúa Monte Picato e Ronda Muralla (estas dúas vías non se verán afectadas) con motivo dunhas obras.

O Gabinete de Tráfico da Policía Local de Lugo elaborou un plan de mobilidade de tráfico rodado e peonil que inclúe sinalización circunstancial, carteis informativos e operarios sinalistas da empresa; todo elo co fin de crear os mínimos transtornos posibles á circulación, veciñanza e comercios afectados polo corte de tráfico.

As persoas residentes e comerciantes que se atopen no tramo da rúa cortada, accederán e sairán por e cara a Ronda da Muralla.

A empresa disporá de operarios sinalistas que informarán e colaborarán na regulación do tráfico na parte de vía afectada polas obras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com