O Concello de Lugo informa dun corte de tráfico previsto para mañá, xoves 22 de febreiro, debido á necesidade de reparación dunha tapa de rexistro na Rolda da Muralla, á altura da intersección coa Rúa Luis Cordeiro.
Para iso será necesario cortar o carril dereito da Rolda durante aproximadamente 2 horas, previsiblemente a partir das 09:30, unha vez pasado o horario de entrada nos centros escolares, se nese momento as condicións climatolóxicas o permiten.