O Concello de Lugo comunica que con motivo da celebración o vindeiro sábado día 9 de marzo do I Descenso de carrilanas Barrio da Ponte están programados cortes puntuais e cambios nos itinerarios de tráfico nesta contorna.
Deste xeito, a rúa Doutor Iglesias Otero, Pontegaos, a Estrada Vella de Santiago e o paseo Álvaro Cunqueiro estarán afectados pola organización e desenvolvemento da proba desde as 9 horas ata as 21 horas do sábado. Ademais, o acceso á rúa Fermín Rivera permanecerá habilitado pola Ponte Nova xa que o acceso pola Estrada Vella de Santiago a través da Ponte Blanca permanecerá cortado durante este horario por mor da competición.