O Concello de Lugo informa de que hoxe, 18 de xullo, procederá a cortar durante a tarde o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en: Rúa San Roque dende a Rolda da Muralla ata a rúa dos Paxariños.
A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada. O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga.
Por outra banda, dende o Concello comunican que xa quedou restablecido o servizo na Rolda do Carme e praza Fonte dos Ranchos, que debido a unha avaría nunha acometida particular, tivo que procederse a cortar durante esta mañá o servizo na Rede Municipal de Subministración de auga.